Becas para os universitarios/as galegos

Para ter dereito ás axudas especificadas na alínea A) do artigo 2 (matricula) serán necesarios os seguintes requisitos de carácter xeral:

a) Para o alumnado de primeiro curso que inicia estudos universitarios conducentes á titulación universitaria de grao e que posúa unha nota media de acceso á universidade inferior a 5,5 puntos:

  • Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) ou noutras en­sinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,50 puntos.
  • Estar matriculado nunha universidade do SUG, no curso académico 2013/14, dun mínimo de 60 créditos.
  • Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita axuda.

Que a renda familiar non supere o limiar 2 de renda establecido nesta orde. Denega­rase a axuda cando a renda familiar do conxunto de membros computables supere estes limiares.

b) Para o alumnado de segundo e posteriores cursos:

Ter sido bolseiro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte nos cursos anteriores 2011/12 ou 2012/13, ou recibir a axuda de matrícula da Consellería no curso 2012/13.

Estar matriculado nunha universidade do SUG, no curso académico 2013/14, dun mínimo de 60 créditos, agás o alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá estar matriculado de 45 créditos, como mínimo.

  • Non reunir os requisitos académicos esixidos pola convocatoria de bolsas e axudas ao estudo do MECD, para o curso 2013/14, para que lle sexa concedida a bolsa.

Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita axuda.

    -Que a renda familiar non supere o limiar 2 de renda establecido nesta orde

    – Ter superado o 60 % dos créditos matriculados no curso anterior tratándose de estu­dos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitec­tura) ou o 80 % dos créditos matriculados no curso anterior se se trata de ensinanzas das ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas

  • Non ter superado no curso anterior a seguinte porcentaxe de créditos: 65 % na rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura) ou o 90 % nas ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.
  • Para ter dereito ás axudas especificadas na alínea B) do artigo 2 desta orde (cuantía fixa) serán necesarios os seguintes requisitos de carácter xeral:

Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) ou noutras en­sinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5,50 puntos e inferior a 6,50 puntos.

Estar matriculado nunha universidade do SUG, no curso académico 2013/14, dun mínimo de 60 créditos.

Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita axuda.

Que a renda familiar non supere o limiar 1 de renda establecido nesta orde, agás o establecido para este limiar na alínea A), inciso segundo, do artigo 6.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED441C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es .Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel

Prazo: 27 de outubro

VER (DOG 27/09/2013): AnuncioG0164-200913-0003_gl