Becas Erasmus

Despois de ter anunciado un recorte na aportación do ministerio para as becas Erasmus e  ter tido que rectificar polo lío que se armóu, o luns o ministro Wert suxiriu que a reforma do reparto dos fondos europeos destinados ao programa Erasmus fará que o número de becarios españois —uns 40.000— se reduza á mitade.

A culpa, segundo unha nota do ministerio, era do cambio de criterio no reparto das becas. Ata o de agora os fondos distribuíanse en función do número de universitarios, o que beneficiaba a España, pero a partires de 2014 farase segúndo a poboación.

Bruxelas sinalou que o cambio de criterios quedaría compensado co aumento dun 40% nos fondos totais destinados ao programa, por iso saliu onte a desmentir ao ministro. O portavoz da Comisión Europea foi categórico: a interpretación do ministro é “completamente errónea”, dixo. España seguirá contando, aseguróu, con maior financiación relativa que outros países polo elevado número de universitarios que ten, e non solo non perderá fondos europeos, senon que os incrementará.

A partida para 2014 subirá un 4,3% e seguirá aumentando, de manera que no 2020 será un 60% superior.

Quen sí reduciu o presuposto para becas Erasmus é o Goberno español. Desde 2011 a partida reduceuse máis do 70%, de 62,7 millóns de euros a apenas 16.