Becas e Axudas ao Estudo

Becas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade estudos postobrigatorios e superiores non universitarios

Orde EDU/2099/2011, de 21 de xullo, pola que se convocan becas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para o curso académico 2011-2012, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios. (BOE nº 179 do 27/07/2011)

Prazo: Ata o 30 de setembro de 2011

———————–

Becas de carácter xeral e de mobilidade de ensino universitario

Orde EDU/2098/2011 de 21 de xullo, pola que se convocan becas de carácter xeral e de mobilidade para o curso académico 2011-2012, para estudantes de ensino universitario.(BOE nº 179 do 27/07/2011)

Obxecto:

Conceder becas para estudantes que no curso académico 2011-2012, cursen en centros españois ensinos universitarios con validez en todo o territorio nacional.

Prazo: Ata o 14 de outubro de 2011.

—————————

Axudas para o alumnado que curse estudos en niveis non universitarios no exterior.

Orde EDU/2127/2011, de 18 de xullo, pola que se establecen as bases e se convocan axudas para o alumnado que curse estudos en niveis non universitarios no exterior. (BOE nº 180 do 28/07/2011)

Obxecto:

Convócanse 800 axudas ao estudo para alumnos/as de nacionalidade española ou estranxeira que cursen, no extranxeiro, estudos de ESO, Bacharelato, Formación Profesional de grao medio o equivalentes nos sistemas educativos dos países correspondentes, en Centros de titularidade do Estado español, Centros de titularidade mixta, Centros de Convenio, Seccións Bilingües e Seccións españolas en Centros estranxeiros.

Prazo : Ata o 26 de setembro de 2011.

*http://www.educacion.gob.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato.html