Axudas para prácticas non laborais en empresas para a Mocidade

A Consellería de Traballo convoca subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que realizan prácticas non laborais nestas empresas.

Entidades beneficiarias:
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia, subscriban acordos con persoas novas para a realización de prácticas non laborais.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR363A
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas ampliase ata o 31 de xullo de 2015.
Máis información no DOG do 27 de xaneiro de 2015 e a ampliación de prazo no DOG do 27 de marzo de 2015