Axudas para o inicio de estudos universitarios

ORDE do 16 de setembro de 2015 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2015/16 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

estudiantes_6

A Consellería de Educación convoca axudas destinadas a financiar os gastos da matrícula universitaria dos alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2015/16 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.

Importes das axudas
A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e mantemento de tarxeta de identidade, que será dun máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura e dun máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas

Requisitos académicos
Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.
Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2015/16 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.
Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

Requisitos de carácter económico
Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
• Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.
• Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.
• Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.
• Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.
• Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.
• Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.
• Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.
• Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia.



Consulta o DOG: .axudas univ. xunta