Axudas para máster universitario en Galicia

masterartesA Consellería de Educación convoca axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2016/17.

Requisitos:
a) Estar en posesión dun título universitario, expedido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2013, que lle dea acceso aos estudos de máster universitario.
b) Estar matriculado/a no curso 2015/16 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos.
c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia como mínimo nos tres últimos anos anteriores á data da publicación desta convocatoria.
d) Estar inscrito/a como demandante de emprego, como mínimo, durante un período de 180 días no ano inmediatamente anterior contado de data a data desde a data de presentación da solicitude.

Contía da axuda:
A contía da bolsa cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de outubro de 2016
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A

Máis información no DOG do 15 de setembro de 2016 e en orientacion.sug@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es/