Axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B

A Consellería de Benestar convoca axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria da xuventude galega.

Requisitos

a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.

b) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.

c) Teñan a súa residencia en Galicia.

d) Estean matriculados/as nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude, no suposto de non estar xa en posesión do permiso de conducir.e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar que, tomando como referencia o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) establecido para o ano 2013

f) Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude ou telo con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2013.

Prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, e estará aberto ata o día 1 de outubro de 2013

Mais INFO: AnuncioCA05-070513-0003_gl