Axudas para estudantes da UDC con Necesidades Educativas Especiais 2018

 

Axudas para estudantes da UDC con Necesidades Educativas Especiais 2018

Universidade da Coruña convocou 20 axudas para estudantes con necesidades educativas especiais matriculados nos centros da Universidade da Coruña.

Resultado de imagen de udc

O obxecto das axudas é a promoción e o apoio ao estudo de todos aqueles estudantes da Universidade da Coruña con necesidades educativas especiais que teñan recoñecida legalmente a condición de minusvalía.

REQUISITOS:
  • Estar matriculado/a no curso 2018/2019 na Universidade da Coruña, nunha titulación oficial (Diplomatura, Licenciatura, Terceiro Ciclo, Grao, Mestrado).
  • Ter recoñecida legalmente a condición de minusvalía.
SOLICITUDES:
As solicitudes entregaranse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa da Maestranza, 9 15001 A Coruña) ou nos Rexistros Auxiliares: Campus de Elviña , 15071 A Coruña, Campus de Ferrol, Avda. de Vigo s/n, Esteiro, 15403 Ferrol.
PRAZO: Ats o 11 de Outubro de 2018 ata as 14,00 horas. 
REMUNERACIÓN: 1.077 euros brutos para cada bolsa.
CONVOCATORIA:
CONVOCATORIA DE AXUDAS 2017 / 2018 PARA ESTUDANTESCON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS. Na convocatoria atoparás o impreso de solicitude, a documentación que hai que presentar, os criterios de concesión da bolsa e outra información.
PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTA CON: 
Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante-SAPE
Pavillón de Estudantes. Campus de Elviña. A Coruña
Teléfonos: 981 167 000, exts. 2900, 2912 e 2915