Axudas para estudantes da UDC con Necesidades Educativas Especiais 2017

Universidade da Coruña convocou 20 axudas para estudantes con necesidades educativas especiais matriculados nos centros da Universidade da Coruña.

 

O obxecto das axudas é a promoción e o apoio ao estudo de todos aqueles estudantes da Universidade da Coruña con necesidades educativas especiais que teñan recoñecida legalmente a condición de minusvalía.

REQUISITOS:
  • Estar matriculado/a no curso 2017/2018 na Universidade da Coruña, nunha titulación oficial (Diplomatura, Licenciatura, Terceiro Ciclo, Grao, Mestrado).
  • Ter recoñecida legalmente a condición de minusvalía.
SOLICITUDES:
As solicitudes entregaranse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa da Maestranza, 9 15001 A Coruña) ou nos Rexistros Auxiliares: Campus de Elviña , 15071 A Coruña, Campus de Ferrol, Avda. de Vigo s/n, Esteiro, 15403 Ferrol.
PRAZO: Desde o 28 de setembro ata as 14´00 do 17 de Outubro de 2017.
REMUNERACIÓN: 1.077 euros brutos para cada bolsa.
CONVOCATORIA:
CONVOCATORIA DE AXUDAS 2017 / 2018 PARA ESTUDANTESCON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS. Na convocatoria atoparás o impreso de solicitude, a documentación que hai que presentar, os criterios de concesión da bolsa e outra información.
PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTA CON: 
Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante-SAPE
Pavillón de Estudantes. Campus de ElviñaA Coruña
Teléfonos: 981 167 000, exts. 2900, 2912 e 2915