Axudas económicas para alumnado de FP (prácticas)

 

Axudas económicas para a realización da formación práctica en centros
de traballo (FCT) nas seguintes modalidades:

1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico,
grao medio e grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas
deportivas e programas formativos e que realice a FCT dentro do territorio español.

2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico,
grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, de artes plásticas e deseño,ensinanzas deportivas e que realice a FCT fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

Destinatarios/as

Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos
desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en
ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,
que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico,
grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño,
ensinanzas deportivas e programas formativos.
2. O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período
de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2017.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao
da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a
FCT nos períodos outubro 2016-marzo 2017 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e
abril-xuño de 2017. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes
do 31 de agosto de 2017.
O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro
de 2017 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro
de 2017, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período
de setembro-decembro de 2017. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o
período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2017. O alumnado
que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de
decembro de 2017 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

3. As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en
centros de traballo. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática
www.edu.xunta.es/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos.
4. As solicitudes, xunto co resto dos anexos, só se poderán presentar no centro educativo
onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros
de traballo.

Toda a información: Pincha aquí: FCT