Axudas de pagamento único fillos menores de tres anos

ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.

ver DOG: AnuncioCA05-140115-0002_gfillos menores tres anos

A Consellería de Traballo e Benestar convoca a concesión da prestación económica de pagamento
único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos
en 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre o 2 de xaneiro de 2012 e o 1 de xaneiro de 2015, inclusive) e
que, durante o ano 2013, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar
a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período,
nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2013 e o 31 de decembro de 2014, a prestación concederase
durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.Requisitos:
– Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
– Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.
Dotación:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos:
– Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
– Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €.
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 €.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS410A.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 16 de marzo de 2015.
Máis información no DOG do 2 de febreiro de 2015 e en http://benestar.xunta.es