Axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as. CURSO 2019-2020

Axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as. CURSO 2019-2020

• Ábrese o prazo extraordinario para solicitar as axudas para as familias para a
escolarización dos seus fillos, dirixido a alumnos de BAC, Ciclos Formativos
ou Escola Infantil, que por algún motivo non poden formalizar a matrícula no
seu centro ata setembro.

• Requisitos económicos: Que os ingresos da unidade familiar (na Declaración
da renda do exercicio 2017; a base impoñible xeral máis base impoñible do
aforro non superen os 19.500 €, sempre que a parte de aforro da base
impoñible non sexa superior a 300 €).

• Máis información e recollida de solicitudes: Departamento de Benestar Social
(2º andar da Casa Dr. Dopeso).

• Presentación solicitudes e documentación: no rexistro do Concello do 16 ao
27 de setembro.

#AsPontes