Axudas ás familias para a escolarización dos fillos/as 2019-2020

 

Axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as. CURSO 2019-2020

  • Dirixido a alumnado empadroado no Concello de As Pontes de: Educación Infantil (1º e 2º ciclo), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato e ciclos formativos (FP).

  • Requisitos económicos: Que os ingresos da unidade familiar (Declaración da renda do ano 2017 ; a suma da base impoñible xeral máis a base impoñible do aforro) non superen os 19.500 €, sempre que a parte de aforro da base impoñible non sexa superior a 300 €. No caso de producirse algunha variación económica, social ou familiar no presente ano, terase en conta previo informe dos Servizos Sociais do Concello.

  • Contía das axudas:

Educación infantil 0-3 anos: 30 €

Educación infantil 3-6 anos: 100 €

Educación primaria e secundaria: 100 €

Ciclos formativos: 140 €

Bacharelato: 140 €

FP Básica: 80 €

  • Mais información e recollida de Solicitudes: Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso).

  • Presentación solicitudes e documentación: no rexistro do Concello ata 15 de xullo, incluído.

  • Abrirá un prazo en setembro para casos de BAC e Ciclos formativos que teñan materias pendentes.

Mais info: Departamento de Servizos Sociais. Casa Dopeso 2º andar.