Axuda para material escolar da Xunta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria das axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

As nais e pais poderán solicitar a axuda no centro no que estean escolarizados os seus fillos onde, unha vez constatado o cumprimento dos requisitos, se lles facilitará un vale de 50 euros por neno que poderán consumir nos establecementos adheridos ao programa é o 31 de outubro de 2015.

Estas bolsas serán complementarias ao uso do fondo público de libros de texto ou ás axudas á adquisición de libros de texto, segundo sexa o caso.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 2 de setembro, e iranse tramitando a medida que se vaian presentando, co fin de emitir canto antes e no menor tempo posible os vales.

VER DOG: material xunta