Aulas de Diversión sábado 25 de mayo Obradoiro de Musica Africana

Este sábado día 25 de maio celebraremos o Día de África cun obradoiro de música e baile africano da man do grupo Galu Teranga.

O 25 de maio conmemorase a instauración da Organización da Unión Africana, motor de desenrolo dunha serie de institucións que reflicten o desexo de África de consolidar os valores da paz duradera, respecto dos dereitos humanos, boa administración dos asuntos públicos e desenrolo.

O grupo de percusión africana  Galu Teranga nace co desexo de dar a coñecer a música senegalesa así como os instrumentos africanos ao público español. Galu Teranga significa en Wolof (unha das línguas máis importantes de Senegal) hospitalidade no cayuco, en honor a confraternización que se crea nun dos momentos máis duro das súas vidas, cando deixando atrás a súa terra natal, se embarcan nunha travesía incerta e insegura cara Europa.

O grupo Galu Teranga está integrado por 10 compoñentes, seis músicos e catro bailaríns. As súas actuacións caracterízanse por introducir unha fusión de ritmos africanos e tribais con instrumentos típicamente senegaleses como o djembé e a thumba, acompañados de danzas tradicionais africanas a través dun ritmo trepidante.

Vémonos coma sempre as 10:30 na Casa de D.Pedro. Se vai bo tempo, esta vez parece que si, sairemos coa música e o baile ao parque municipal.