Aulas de diversión sábado 20 de abril: obradoiro de técnicas de acampada

O vindeiro sábado día 20 tendes unha nova cita en Aulas de Diversión para aprender sobre as acampadas. Montaremos unha tenda entre todos, coñeceremos  que é importante levar na mochila, aspectos de seguridade no medio natural, respecto polo entorno no que acampemos, xogos de campamento e moito máis.

Lembrade vémonos as 10:30 na Casa de D.Pedro e despois iremos todos xuntos,  acompañados polos monitores e   Protección Civil, á zona do heliporto para montar as tendas e facer os xogos.

Actividade para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Gratuita.