Aulas de Diversión sábado 18 de maio

A actividade prevista para este sábado,  Obradoiro con cans da protectora Arco da Vella, queda suspendida polo mal tempo que esperamos para a ponte das letras galegas.

Cambios na programación: O obradoiro cos cans de Arco da vella será o vindeiro 1 de xuño e a actividade final desta edición de primavera, Ruta en bici ao lago das Pontes, trasladarase ao día 8 de xuño.

Perdoade polas molestias e non deixedes de vir as actividades de Aulas de Diversión.