Aulas de Diversión fotos da actividade chocolachef

Unha vez mais as actividades de cociña do programa Aulas de Diversión acadan moito exito. O sabado día 11 tivo lugar un novo obradoiro relacionado co mundo da cociña Chocolachef, un monografico sobre o chocolate destinado aos nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Os nenos e neas pasarono moi ben, aprenderon moitas cousas sobre este alimento, a historia do chocolate e elaboraron recetas sinxelas e moi artísticas.

Queremos agradecer a  colaboración desisteresada da pastelería A Artesana da nosa localidade, a Suso e a Mary pola súa axuda na organización, por entender tan ben os obxectivos do obradoiro e, como non, por compartir con nós e cos nenos a sua experiencia no mundo do chocolate, que é moita.

Ofrecémosvos a pequena unidade didáctica do obradoiro para que, se queredes, faigades as receitas na casa e aprendades sobre a historia do chocolate. power chocolate