Aulas de Diversión completa o seu aforo un sábado máis

O Programa de Ocio Educativo, iniciativa do Servizo Psicopedagóxico Municipal, dependente da Concellería de Servizos Sociais, é elixido cada sábado pola mañá por máis de 30 nenos e nenas de 3 a 12 anos, como a súa alternativa de lecer. Neste último sábado, o programa optou por unha novidosa actividade “Obradoiro de reciclaxe de camisetas”, a cal cautivou aos asistentes, que desenrolaron a súa creatividade e traballaron a importancia e os valores da reciclaxe. As claves do éxito do programa, que leva tres anos de funcionamento, está en ofertar un abano de actividades de ocio educativo que fomentan a partipación, a convivencia, a igualdade de oportunidades e a conciliación da vida familiar e laboral. No desenrolo deste programa participan moitas persoas, as técnicas, os voluntarios e os profesionais específicos de cada actividade, expertos en traballo coa infancia. Nesta última edición de primavera, as técnicas municipais, tiveron en conta as preferencias e propostas dos nenos e nenas máis veteranos e así xorden as vindeiras actividades a desenrolar, das que lembramos as datas:

-Obradoiro de Educación Vial (6 de abril)

– Técnicas de acampada (13 de abril)

– Primeiros Auxilios no fogar (20 abril)

– Busca do tesouro (27 abril)

– Montaxe Fotográfico (4 maio)

– Obradoiro Chocolachef (11 maio)

,– Arco da Vella ( 18 maio),

– Obradoiro de Música Africana (25 maio)

– Ruta en bici ao Lago de As Pontes (1 xuño)

.Estas actividades teñen como punto de referencia a Casa de Don Pedro nas mañás dos sábados de 10:30 a 13:30 horas.