AULAS DE DIVERSIÓN ACHEGA CONCEPTOS BÁSICOS DE PRIMEIROS AUXILIOS AOS MÁIS NOVOS

17/04/13
O programa Aulas de Diversión regresou o pasado sábado á Casa de Don Pedro e cun novo éxito de participación e é que, non hai semana, que esta iniciativa desenvolvia pola concellería de Servizos Sociais non rubrique éxito de asistencia. De feito, Aulas de diversión comezou sendo todo un respiro para eses pais e nais que debían traballar ou afrontar as súas obrigas nas mañás de sábado e agora é xa unha cita ineludible para unha trintena de nenos e nenas da nosa vila que, cada semana desfrutan e aprenden mediante este programa sobre temas coma o andar en bicicleta con seguridade, os xogos populares ou o mundo da cociña
E é que a aprendizaxe non está enfrontada co pasalo ben de ahí que, nesta nova edición, a organización apostase por obradoiros do máis novidosos,e ducativos e pedagóxicos., coma o de primeiros auxilios no que tomaron parte, o pasado sábado, 18 nenos e nenas. Desta vez foi a experta en primeiros auxilios Begoña Díaz, a encargada de achegar aos participantes o como curar unha ferida, circular en bicicleta con prendas reflectantes e casco, o non abrir a porta a descoñecidos ou non meter os dedos nun enchufe e, con premio pola súa atención, estes nenos e nenas levaron para os seus fogares un brazalete reflectante, que lles entregou o concelleiro José Alén.
Pero aínda quedan moitas actividades coas que desfrutar ao abeiro deste programa gratuíto, coma un obradoiro de chocolate, outro de música africana ou incluso unha roita ao lago en bicicleta.
Aulas de Diversión regresará o sábado, entre as 10.30 e as 13.30 horas, nesta ocasión co taller de técnicas de acampada que tivo que ser suspendido a pasada semana por mor do mal tempo. Nesta ocasión, o escenario escollido será o heliporto da Canle IV ata onde se desprazarán todos os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que se desexen participar nesta interesante iniciativa.