Aula de reciclaxe das Campeiras

As Pontes adxudica o contrato de servizos para a dotación da Aula de Reciclaxe das Campeiras

O compromiso adquirido polo Concello de As Pontes co barrio das Campeiras para dotar de novos usos a escola unitaria vaise ver cumplido en pouco tempo.

O Concello adxudicou o contrato de servizos para a dotación da Aula de Reciclaxe das Campeiras á empresa local Deloga por un importe de 56.507 €.

Unha das obras aprobadas polo Concello dentro do Fondo de Compesación Ambiental era a conversión da antigua Escola unitaria das Campeiras nun lugar para a aprendizaxe e a formación en todo o relativo á reciclaxe.

F18C7F2

En palabras de  Montserrat García Chavarría, Concelleira de Atención, Participación cidadá e Desenvolvemento local, “esta nova Aula de Reciclaxe pretende ser un referente local e comarcal, que busca incrementar a conciencia recicladora na xestión dos residuos, redundando nunha mellor xestión dos recursos naturais e tamén na eficiencia económica”