Aula CEMIT

Novos cursos na Aula Cemit do Concello de As Pontes.-

A Aula Cemit do Concello de As Pontes, para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, bota de novo a andar ca Aula Aberta e con dous novos cursos, de iniciación á informática e retoque fotográfico básico.
Mañá  dia 9 abrirase o prazo de inscrición para tomar parte nestas dúas accións formativas
. O curso de iniciación á informática terá unha duración de 30 horas lectivas, de luns a venres, en horario de dúas e media a seis e media da tarde, comezando o luns da semana que vén e rematando o venres 31 de Outubro. No curso, que terá capacidade para 18 alumnos e alumnas, trataranse temas como o uso básico dun ordenador, internet, e procesadores de texto.
O martes día 14 comezará o curso de retoque fotográfico básico, para un máixmo de 15 asistentes e para o que se pide un nivel básico de manexo de ordenadores. Entre os contidos do curso están a creación de álbumes web, e o retoque de fotografías por medio do software Gimp. As clases serán de martes a xoves, en horario de dez e media da mañá a doce e media da tarde.
O prazo para inscribirse nestes cursos rematará este venres día 10 de Outubro.
Para solicitar máis información e tamén para cumprimentar a correspondente inscrición poden achegarse á Aula Cemit das Pontes, situada no soto da Casa Dopeso, telefonar ao número 637 900 975 ou senón enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.aspontes@xutna.es. Ademais sempre poden visitar a páxina web cemit.xunta.es
Xa por último, e canto á Aula Aberta da Rede Cemit, saiban que o horario de atención ao público é de luns a venres de 10 da mañá a duas da tarde, e de tres e media a seis e media.