Aula CEMIT cursos

5 Novas actividades na Aula CeMIT

A Aula CeMIT situada na Casa Dopeso impartiŕa neste mes de Marzo 5 novos cursos dirixidos a toda a cidadanía.

Horario da Aula:

Do día 3 ó 6 de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30.

Do día 10 ó 31 de   10:00   a 14:30 e de 18:30 a 21:00.
Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

Curso de “Uso de teléfonos móbiles para persoas maiores “:

Inicio: Martes 10/03/2015. Remate: Luns 23/03/2015.

Horario: De Luns a Venres de 10:30 a 11:30.

Horas: 10.

Este curso está dirixido a aquelas persoas maiores que teñen dificultade para manexar o seu móbil con sistema operativo Android. Nel trataranse temas básicos de configuración do propio teléfono, ademais de uso e instalación de aplicacións.

Curso de “Redes Sociais “:

Inicio: Martes 10/03/2015. Remate: Luns 23/03/2015.

Horario: De Luns a Venres de 18:30 a 20:00.

Horas: 16.

As redes socias son cada vez máis parte nas nosas vidas. Nesta actividade abordaremos as máis coñecidas, afondaremos no seu funcionamento e en como poder xestionar os distintos aspectos das nosas contas.

Curso “Aprende a crear o teu propio blog:

Inicio: Luns 16/03/2015. Remate: Venres 27/03/2015.

Horario: De Luns a Venres de 20:00 a 21:00.

Horas: 10.

Un blog é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronolóxicamente escritas por unha ou varias persoas. Veremos como crear estas páxinas usando os xestores de contido de “Wordpress” e “Blogger”.

Curso “Busca de emprego a través de Internet:

Inicio: Luns 16/03/2015. Remate: Martes 24/03/2015.

Horario: De Luns a Venres de 11:30 a 13:00.

Horas: 10.

Neste curso abordaremos a busca de emprego a través de Internet, vendo as distintas páxinas de contido de ofertas como ”Infojobs” ou ”Infoempleo” e dando unha visión de como poder encontrar ofertas que se adapten ó noso perfil usando as redes sociais e os buscadores de Internet.

Curso “Comunicación a través de Internet en tempo real: Skype”:

Inicio: Mércores 25/03/2015. Remate: Venres 27/03/2015.

Horario: De Mércores a Venres de 10:30 a 12:30.

Horas: 6.

Esta actividade está destinada a aprender como se usa o programa ”Skype”, un software que permite comunicacións de texto, voz e vídeo a través da Internet.