Aula CEMIT

A aula CeMIT comezará unha nova iniciativa centrada no uso dos teléfonos móbiles
O día 24 poñeremos en marcha “Uso cotiá dos teléfonos móbiles”. Esta actividade ten como obxectivo axudar ós nosos maiores no uso dos teléfonos intelixentes. Dedicaremos unha hora e media tódolos venres para poder facer prácticas de uso e resolver posibles dúbidas.
Contidos:
•Axenda, contactos e aplicacións predefinidas.
•Axustes básicos.
•Instalación de aplicacións
•Whatsapp
•Navegación pola Internet
•GPS.

Horario
10:30 a 12:00
Periodicidade
Todos os venres
Duración
Novembro – Xuño

 

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a cemit.aspontes@xunta.es ou visitar a web https://cemit.xunta.es.
Axente TIC,