Atención xoves de 16 a 24 anos!

A Concellería de Emprego informa nas súas dependencias do programa Garantía Xuvenil

O Concello de As Pontes, mediante a concellería de Emprego, informa a tódolos xoves con idade comprendida entre os 16 e os 24 anos ( ampliado ata os 29 anos no caso de persoas con discapacidade) da apertura do prazo para inscribirse no Programa de Garantía Xuvenil, e que inclúe actuacións para mellorar a empregabilidade e para facilitar a inserción no ámbito laboral. Segundo explican dende o departamento que dirixe a edil Ana Pena, inscribirse neste programa faise imprescindible para participar en programas específicos de formación e emprego (Escolas Taller ou prácticas non laborais en empresas), polo que é recomendable consultar no departamento técnico da área de Emprego os requisitos esixidos para poder inscribirse, así como os pasos a seguir para a súa tramitación electrónica. Ademais, para aquelas persoas que non teñan acceso a internet, ou que precisen asesoramento para realizar a inscrición, porase a disposición dos ususarios/as a Aula informática Cemit, na que se conta cos servizos dun técnico informático que guiará ás persoas interesadas a tramitar súa alta electronicamente. Calquera persoa interesada, pode tamén acceder á información do Programa de Garantía Xuvenil mediante a web garantiaxuvenil.xunta.es.