Atención universitarios/as

Colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes

Os centros residencias prestan un servizo que contribúe eficazmente a facilitar o acceso ao ensino postobrigatorio non universitario do alumnado que debe escolarizarse en localidades distintas ás do seu domicilio habitual. E o normal funcionamento deste tipo de centros, tanto en aspectos relacionados coa orde interna e a convivencia como nos relativos ao desenvolvemento de accións formativas complementarias, exixe que, o persoal profesional que traballa na residencia conte co reforzo de colaboradores, alumnos universitarios que compatibilizan os seus estudos co labor de apoio na residencia.

Os adxudicatarios de prazas de colaborador bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estea aberta aos residentes.

ORDE do 20 de xuño de 2014 pola que se publica a convocatoria de prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2014/15.

Ver DOG: AnuncioG0164-260614-0006_gl