Atención ANPAS e asociacións xuvenís

A Consellería de Traballo e Benestar é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que desenvolven actividades para a xuventude, incluídos os centros educativos,  non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do seu traballo.

En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de proxectos de educación non formal do seu interese e sen ánimo de lucro, regula mediante este procedemento de oferta concertada fóra do período ca Campaña de verán o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís entre o 1 de marzo e o 14 de xuño de 2015.

http://xuventude.xunta.es/oferta-concertada-fora-do-periodo-da-campana-de-veran.html