Asociación AGAMME contra o maltrato infantil

«O Sergas en Ferrol non ten psicólogos expertos en maltrato»

A docente destaca a falla de profesionais e de espazos axeitados

Estrela Gómez defende a necesidade de crear un protocolo específico ante casos de maltrato.

Estrela Gómez coordina desde fai catro anos a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme). Unha entidade nada en Ferrol cunha clara vocación: protexer e orientar aos más débiles.

-¿Qué particularidade aprecia en Ferrol en torno ó maltrato?

-Un dos problemas grandes que hai no maltrato é que non se fan estudos nin estatísticas. O que si podemos saber seguro e que en canto a violencia estrutural por falta de recursos, pola situación que vive Ferrol, seguramente será unha das zonas con máis casos.

-¿Qué carencias existen na súa abordaxe?

-Un neno que chega cunha lesión, da igual o tipo, é analizado por un forense de garda que non ten ningunha especialidade. Da igual que sexa por violencia sexual, maltrato físico… O primeiro contacto é con el. Ese médico forense se mobiliza ata onde esté o neno, lle explora físicamente e lle fai unha entrevista. E iso é un erro moi grande. Porque esa entrevista, que é moi importante, ten que facela persoal especializado.

-¿Non temos ese persoal?

-Os que interveñen de maneira urxente son os forenses, nin sequera os psicólogos forenses. Despois estaría a Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil, que no caso de Ferrol nin sequera é do Sergas. O Sergas en Ferrol non ten psicólogos infantís. Teño entendido que ten un para atender urxencias de nenos ingresados no hospital.

-¿E que hai dos espazos?

Unha das cousas que reclamamos é que as salas onde se recibe aos nenos se pensen dende a súa óptica. Se supón que vai comezar a instalación das cámaras Gessel, que permiten que unha sala se comunique con outra contigua a través dun vidro a modo de espello para que ó outro lado poidan observar o fiscal, xuíz, as partes, os peritos… Así o xuízo se celebraría con tódalas garantías para o neno.

Estrela Gómez coordinadora da asociación galega contra o maltrato a menores.

Fonte: La Voz de Galicia