Asociación A Xanela

E unha entidade sen ánimo de lucro, que naceu en 1989 co fin de promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, de cara a conseguir a máxima atención social a este colectivo e  a súa integración na sociedade.

O seu ámbito de actuación é a Comarca do Eume, composta polos concellos de A Capela, As Pontes de Garcia Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero.

Tania e Sabela, técnicas da asociación, nos informan que o local da asociación está aberto polas mañás horario adicado as terapias individuais e as clases de ximnasia que se leva a cabo os luns, mércores e venres de 10 a 11 da mañá.

Polas tardes ofertan todo un abano de actividades axeitadas as necesidades deste colectivo:

luns: habilidades manipulativas

martes.psicomotricidade e obradoiro de apoio

mércores: bolillos e terapia

xoves: formación ocupacional

venres: musicoterapia e ocio

Dende a asociación realizanse actividades de movilización nos domicilios e actividades de estimulación cognitiva.

Para apuntarse o saber máis podeis chamar ao teléfono 981452416 o

acudir ao Canal IV , Rúa Santiago s/n en As Pontes.

COMPARTIR
Artigo anteriorAutismo
Seguinte artigoPrograma Queremos + Igualdade