As Pontes clausura o curso “Nenoos Emprendedores”

A través de xogos e outras actividades lúdicas, os alumnos deste obradoiro aprenderon nocións sobre economía, finanzas ou contabilidade e conceptos como que son os bancos, o aforro, a débeda ou o consumo responsable que lles axudan a entender aspectos da súa vida cotiá e a coñecer mellor a súa contorna.

Durante 17 sesións, os participantes aprenderon competencias propias dos emprendedores coma a creatividade, a sociabilidade, a capacidade de aprendizaxe, a paixón e a tenacidade e así, desde a infancia, comezar a fixar conceptos e sensibilizalos na idea de que é posible imaxinar unha empresa e facela realidade no pobo, contribuíndo á economía da súa vila.