AS PONTES APOSTA POLA EDUCACIÓN PARA PROMOVER A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

 

Favorecer o éxito escolar é o obxectivo prioritario do programa “Adolescentes en conflito”15 rapaces participan no programa de reforzo educativo municipal

O Concello de As Pontes, a través da área de Benestar, está desenvolvendo un programa educativo dirixido a promover, entre as rapazas e rapaces do municipio que se atopan en risco de exclusión social, a igualdade de oportunidades.

O programa “Adolescentes en conflito”, con cargo ós fondos municipais, ten como obxectivo reducir as dificultades educativas das rapazas e rapaces do municipio por medio de talleres formativos, nos que, dun xeito individualizado, se promoven aptitudes e actitudes positivas cara o estudio, foméntase a motivación e trátase de reducir o conflito social, emocional ou educativo que presentan os menores.

Neste sentido, desde o Concello, José Alén incide en que: “O programa está destinado a
favorecer o éxito escolar e a proporcionándolles ós rapaces un conxunto de recursos
pedagóxicos e de habilidades sociais que incidan no seu rendemento escolar. Desde o Concello de As Pontes tratamos de promover entre o alumnado bos hábitos de estudio e pautas de comportamento que eviten o risco de exclusión social ó tempo que lles ofrecemos un abano de oportunidades ás que doutro xeito non terían acceso”.

Neste programa municipal, no que participan quince estudantes dos IES Castro da Uz e
Moncho Valcarce impártense, de luns a venres, clases de reforzo educativo en materias como matemáticas, inglés ou lingua así como atención pedagóxica e psicolóxica a través da que se aborda a situación socio-familiar na que se conforma a educación do menores. Este programa tamén inclúe un acordo de colaboración cos centros de secundaria do municipio para atender ó alumnado que, durante o curso escolar, foi expulsado dos centros.

Coa intervención de mestres, orientadores e o persoal da área de Benestar do Concello de As Pontes, o programa aposta por una atención integral do alumnado que contempla todos os aspectos psicosociais que inflúen na súa educación, tanto os que afectan a súa contorna
familiar como social, para préstalles o apoio concreto que precisan e evitar o risco de exclusión social.

Por outra banda, Alén tamén quixo remarcar que: “Este programa permite que os centros
educativos do municipio poidan contar cos servizos dun grupo de profesionais do ámbito
socioeducativo para realizar accións específicas co alumnado que o precisa, complementado a importantísima tarefa que realizan na formación e educación das rapazas e rapaces da vila, dos ponteses do futuro”.