As Pontes acollerá o 25 de febreiro o Campionato Galego Infantil de Taekwondo

O pavillón municipal da Fraga será o escenario dunha competición na que tomarán parte taekwondistas das diferentes provincias galegas. O Concello de As Pontes albergará o vindeiro 25 de febreiro o Campionato Galego Infantil de Combate – Xunta de Galicia, competición organizada polo clube MooDukKwan de Vilalba (Lugo).A competición terá como escenario o pavillón municipal da Fraga, Dende as 11.00 horas, e na mesma daranse cita clubes de Taekwondo das catro provincias galegas que, ata o vindeiro venres ás 13.00 horas, poderán formalizar a súa inscrición na propia Federacion Galega de Taekwondo.No tocante ás categorías, a competición dividirase entre o grupo A, nados nos anos 1999 e 2000, ou grupo B, nados en 2001 ou 2002.Asemade, cada división contará con categoría masculina e feminina e diferentes pesos, xa que os combates dividiranse segundo o peso dos competidores en minimosca, mosca, galo, pluma, lixeiro, superlixeiro, semimedio, medio, semipesado e pesado.No tocante ao sorteo dos emparellamentos, éste terá lugar o día 24 de febreiro na propia sé da Federación Galega de Taekwondo.Dende o executivo local quixeron animar a toda a cidadanía a tomar parte nesta competición co fin non só de desfrutar desta cita senón tamén de animar aos rapaces e rapazas que tomarán parte na mesma.
A entrada á competición será totalmente gratuíta.