Aprazamento da “II San Silvestre Pontesa” para o SÁBADO 5 DE XANEIRO.

Sentimos comunicar que debido a que para a tarde do día 31 as previsións meteorolóxicas son moi adversas, con fortes rachas de vento e moita auga, e a pesar dos trastornos organizativos e de participación que nos supón para todos, entre o Concello de As Pontes e o Clube Olympo tomouse a decisión de aprazar a proba para o día 5 de xaneiro, sendo a proba infantil a partir das 11:00 e a absoluta ás 12:00. O resto do regulamento segue sendo o mesmo. En caso de algunha nova, manterémolos informados.

O prazo de inscricións amplíase ata o xoves 3 de xaneiro, polo que aínda se pode apuntar máis xente.

Disculpade as molestias ocasionadas. Moitas grazas pola vosa comprensión.

Dende a Concellería de Deportes desexamos que pasen unhas felices festas e un próspero ano novo!

Para calqueira dúbida ou consulta da II San Silvestre Pontesa” poderán contactar coa organización no teléfono 667 19 20 99, email: ana.alonso@aspontes.org ou nas oficinas do Pavillón Polideportivo Municipal.