Apego

Programa colectivo

Apego é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial

Nenos e nenas de 0 a 6 anos

Diríxese ao contexto familiar e social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida (0 a 6) para achegarlle argumentos e facilitarlle ferramentas e redes que sosteñan e arroupen a crianza en galego.

Apego, pola vida e pola lingua

Este é o lema deste proxecto no que os pais e nais, e os educadores en xeral, van atopar orgullo pola máis orixinal das nosas creacións e forza para preservala e transmitila

Aventura conxunta

Naceu por iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística e desenvólvese, de xeito cooperativo, entre os servizos de normalización dos concellos adheridos

Amor, arraigo, lingua, orgullo e identidade

Apego é empatía, vínculo, comunidade… Apego é apoio para a responsabilidade de construír o futuro desde a raíces e a lingua propia.

Comunidade Apego

Un espazo para compartir, para encontrar e encontrarse, aberto a calquera iniciativa que contribúa aos fins do proxecto.

Visita a páxina :www.apego.gal