Anpas Galegas e libros de texto

As Anpas defenden o préstamo universal dos libros de texto

A confederación de anpas recalca que «é obriga» da Administración educativa facilitar un «ensino básico obrigatorio e gratuíto», o que implica que todos os nenos/as teñen dereito a recibir o material gratuítamente.

Defende un sistema de préstamo universal que compaxine a gratuidad do ensino, o aforro económico institucional e a transmisión de valores formativos de reutilización e solidaridade.

As Anpas aplauden que non se vaian cambiar os libros do ensino pola Lomce e agardan que a decisión non sexa só para o próximo curso senón que sexa válida para todo o calendario de implantación da lei.

Consideran que é obriga da Administración educativa facilitar o “ensino básico obrigatorio e gratuíto” polo que rexeitan as axudas na adquisición de libros de texto a quen máis o necesita que anunciou o Conselleiro de Educación diferenciando o dereito de tod@s @s nenos que non entenden como “suxeitos de “axudas”” a recibir de maneira gratuíta os materiais.

Da mesma maneira, opóñense ás indicacións da posibilidade de creación dun banco de libros para quen non os poda mercar xa que “volve a incidir no concepto de diferenzación entre os “necesitados” e os que non o sexan, nunha catalogación que consideramos incorrecta e á que lle voltamos a opoñer a necesidade dun ensino gratuíto para todos; e por outra parte porque entendemos que a creación de bancos de libros non son máis ca un parche incorrecto no tratamento da gratuidade do ensino.

Mais info: http://www.anpasgalegas.org/