Amigus Labs • Maker 19.3

 

O vindeiro 12 de outubro inauguraremos oficialmente o local de Amigus Labs sí como o Fab Lab As Pontes, na Praza do Hospital nº 14, un punto de encontro onde aprender, compartir, crear e construir.

A xornada de portas abertas, servirá para dar a coñecer o espazo de máis de 200 m2, así como proxectos que estamos a realizar e dar a coñecer os proxectos de electrónica, robótica e prototipado ou arte, todo ligado a industria 4.0, que podes realizar no fab lab promovendo o uso de software e hardware libre, así como as futuras actividades imos realizar. É a oportunidade de ter un sitio onde innovar e levar a cabo proxectos que doutra forma non sería posible. Tamén poderás ver e coñecer as máquinas que temos para uso como impresoras 3d, cnc ou plotter de corte.

De 11:00 a 14:00 realizaremos un taller gratuíto de deseño vectorial usando o Inkscape, un software libre de vectores gráficos de calidade profesional para Windows, Mac VOS X e GNU/Linux. Para asistir ao taller é obrigatorio rexistrarse no formulario que atoparás ao final desta páxina.

Tódalas actividades realizaranse de 10:00 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00.

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 11 de outubro. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas).