Aldea Nova

Aldea Nova é un parque temático integral de desenrolo rural situado no concello de Narón (Sedes).

Está preparado para visitas didácticas de escolares e grupos organizados; visitas culturais de particulares e grupos organizados, e visitas lúdicas de público en xeral. Céntrase especialmente nas enerxías renovables, a agricultura e a gandaría ecolóxica. Inclue un museo etnográfico, a reproducción dun castro que se pode visitar, bancais de agricultura ecolóxica, colmeas e gandaría autóctona. Cursos e charlas de agricultura ecolóxica e aplicación de enerxías renovables.
A partires do vindeiro mes de outubro contarán cun planetario.

Edificio do planetario .Foto La Voz de Galicia