Admisión e matriculación de alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2020 – 2021

 

O día 1 de febreiro iníciase o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2020- 2021. 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito Do 1 ao 17 de febreiro
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate Última semana de febreiro
Publicación de postos escolares vacantes Antes do 1 de marzo
Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito) Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas Antes do 25 de abril
Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados) Prazo máximo de 5 días hábiles a partir do día seguite á súa publicación
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas Antes do 15 de maio
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria Do 20 ó 30 de xuño
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato Do 25 de xuño  ó 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato Do 1 ó 10 de setembro


  • As listaxes de admitidos e non admitidos publicaranse nos taboleiros de anuncios dos centros educativos. Toda a información sobre proceso de admisión publícase nos centros educativos por todos os medios que teñan dispoñibles.
  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centrose presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
  • No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:

  • Pódese solicitar praza a través de internet na aplicación informática «admisionalumnado (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou presentando a solicitude cumplimentada no centro.
  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para reservar praza, deberá presentar no centro de orixe ou a través de internet o formulario de solicitude (Formulario ED550A).
  • O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet  ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (Formulario ED550B). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
  • Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería:   https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#
  • Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
  • Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.


CRITERIOS DE ADMISIÓN:

Ver orde do ORDE do 12 de marzo de 2013.

SORTEO PÚBLICO DAS LETRAS DE PRIORIDADE:

    • Anuncio do sorteo.
    • Resolución do sorteo das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión.
    • Resultado do sorteo 2020:

Letras primeiro apelido: “….” e “….”
Letras segundo apelido: “….” e “….”

  1. No sorteo extraeranse catro letras do abecedario, que determinarán, correlativamente, a primeira e segunda letra do primeiro apelido e a primeira e segunda letra do segundo apelido.
  2. As catro extraccións levaranse a cabo con todas as letras.
  3. A orde de prelación comezará pola/o solicitante cuxo primeiro apelido comece coas dúas primeiras letras extraídas e, se non houber ningún, continuarase pola/o seguinte solicitante por orde alfabética.
  4. No caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias/os alumnas/os, comezarase por aquela/aquel cuxo segundo apelido comece coa terceira e cuarta letras extraídas e, se non houber ningún, pola/o seguinte solicitante por orde alfabética.
  5. No caso de coincidencia do primeiro e segundo apelido entre varias/os solicitantes, acudirase como criterio de desempate ao nome, por orde alfabética; en caso de persistir, dirimirase por sorteo.
  6. Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes non serán tidos en conta.

DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:


CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro. 


NORMATIVA:


MÁIS INFORMACIÓN: