Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición. | Do 1 ao 15 de febreiro |
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate. | Última semana de febreiro |
Publicación de postos escolares vacantes. | Antes do 1 de marzo |
Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores (solicitude de praza en centros públicos). | Do 1 ao 20 de marzo |
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo. | A partir do 22 de marzo |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. | Antes do 25 de abril |
Reclamacións.
Realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados. |
5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais. |
Publicación de listaxes definitivas. | Antes do 15 de maio. |
No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. |
RECLAMACIÓN:
As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o órgano que as dictou.
CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:
- Pódese solicitar praza a través de internet na aplicación informática «admisionalumnado (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou presentando a solicitude cumplimentada no centro.
- O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para reservar praza, deberá presentar no centro de orixe ou a través de internet o formulario de solicitude (Anexo I).
- O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (Anexo II). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
- Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
- Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.
CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:
- Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
- Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
- Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro.
NORMATIVA:
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)
- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)
- Corrección de erros da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
SORTEO PÚBLICO DAS LETRAS DE PRIORIDADE:
(Enlaces inactivos por que está pendente de anunciarse e celebrarse o sorteo)
-
- Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates.
- Resolución do sorteo das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión.
- Resultado do sorteo 2019:
Letras primeiro apelido: “…” e “…”
Letras segundo apelido: “…” e “…”
DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:
- ANEXO I Reserva de praza
- ANEXO II: Formulario de admisión
- Enlace coa aplicación para a solicitude por internet.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Nos propios centros educativos.
- Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- En A Coruña: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria. DIRECCIÓN: Calle Vicente Ferrer (Edif. Adm. Xunta).
FONTE:
Web da Consellería de Educación (Pendente de publicarse o anuncio para o curso actual).