Actividades para o verán

Campus de Profundización Científica para estudantes de 4º de ESO

campusprofundizacioncientificaO Ministerio de Educación convoca 80 axudas para participar no ano 2015, no Programa Campus de afondamento científico para estudantes de secundaria en Soria, durante o mes de xullo de 2015.

Finalidade do campus:
O obxecto deste Campus favorecer o desenvolvemento do interese científico por parte dos alumnos, potenciar as súas capacidades demostradas no ámbito das ciencias, así como fomentar o esforzo individual e a motivación do alumnado, ao tempo que se integra nun ámbito no que prima a convivencia e o intercambio de experiencias culturais e educativas entre alumnos procedentes das distintas Comunidades Autónomas.

Datas:
O Campus de afondamento científico realizarase no IES «Virgen del Espino» de Soria, sendo aloxados os alumnos na residencia «Escuela Hogar Madre de las Mercedes» en Soria.
O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 alumnos cada un, que terán lugar nas seguintes datas:
1ª quenda: Do 6 ao 16 de xullo de 2015.
2ª quenda: Do 17 ao 27 de xullo de 2015.

Requisitos:
a) Alumnos que no curso escolar 2014/2015 estean a cursar ensinanzas de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, en centros educativos españois sostidos con fondos públicos
b) Que obtivesen unha nota media no curso escolar 2013/2014 superior ou igual aos 9,0 puntos.
c) Que durante o curso 2014/2015, estean a cursar as seguintes materias: Matemáticas B, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.

A axuda cobre os gastos de matrícula no curso, materiais, actividades, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos que contarán, así mesmo, cun seguro que cubra as continxencias de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento do Campus.
O traslado dos alumnos dende os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como dende este ata os seus domicilios será por conta dos alumnos.

A Real Sociedade Española de Física será a encargada da organización e coordinación das actividades que se desenvolvan.

Solicitudes:
https://sede.educacion.gob.es, sección “Trámites y Servicios”

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 16 de abril de 2015 e en https://rsef.es/