Actividades deportivas municipais

*“TORNEO DE BASKET ESCOLAR 3X3”

A Concellería de Deportes do Concello de As Pontes, ABRENTE e o Club de Baloncesto As Pontes organizan o “TORNEO DE BASKET ESCOLAR 3X3” o sábado 2 de xuño de 16:00 h ata as 21:00 h. no patio exterior do C.E.I.P. Santa María ou no Polideportivo Municipal, dependendo da climatolxía (os horarios e instalacións confirmaranse máis adiante a través da AMPA correspondente ó voso centro escolar). Os equi…pos serán mixtos, de 4 xogadores como mínimo e formados por vós mesmos cos compañeiros/as do voso centro escolar e mesma categoría:

Categorías por ano de nacemento:
* 1998-1999 INFANTIL (MIXTO)
* 2000-2001 ALEVÍN (MIXTO)
* 2002-2003 BENXAMÍN (MIXTO)
* 2004-2005 PREBENXAMÍN (MIXTO)

Se te interesa participar debes inscribirte na ANPA correspondente ó teu centro escolar ou nas oficinas do Polideportivo Municipal. O prazo de inscrición rematará o xoves 31 de maio ás 14:00 h. * Se queres participar nesta actividade a túa nai, pai ou titor/a (que poderán asistir como público), deben cubrir a inscrición proporcionada a través das ANPAS de cada centro escolar, nas oficinas do Polideportivo Municipal ou nos seguintes contactos:

ANA ALONSO (Técnica de Deportes)
Oficinas Polideportivo Municipal
E-mail: ana.alonso@aspontes.org
Facebook: TécnicaDeportes Concello As Pontes
Telefono: 667 19 20 99

Categorías por ano de nacemento:
* 1998-1999 INFANTIL (MIXTO)
* 2000-2001 ALEVÍN (MIXTO)
* 2002-2003 BENXAMÍN (MIXTO)
* 2004-2005 PREBENXAMÍN (MIXTO)