Actividades deportivas en el lago de As Pontes

O Clube de Vela Fluvial de As Pontes porá en marcha o vindeiro luns unha semana de actividades co fin de achegar esta modalidade deportiva á cidadanía.

Así as augas do lago de As Pontes servirán de escenario, ata o vindeiro domingo día 15, para as clases de vela lixeira e windsurf que patrocinará este clube pontés, coa colaboura do Concello de As Pontes.
Entre as 10.00 e as 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas todos aqueles que así o desexen e se animen a participar neste deporte poderán desfrutar da maxia do manexo dun barco de vela ou adentrarse na experiencia que supón a aprendizaxe do windsurf, nun marco natural incomparable como é o lago de As Pontes, ao que tamén se sumarán aqueles regatistas xa máis expertos que desexen adestrar para mellorar as súas aptitudes.

Así os interesados en participar aínda están a tempo de sumarse a estas clases con tan só contactar coa dirección do clube fluvial pontés telefonando ao 639 608 128 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo jgcvela@hotmail.com.