Actividades de verán :I Curso Musical Vila de As Pontes

I Curso Musical Vila de As Pontes

A Banda de Música Cultural e Recreativa de As Pontes e a Escola de Música da vila organizan o I Curso Musical Vila de As Pontes, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo no Conservatorio Profesional de Música de As Pontes.

O profesorado por especialidades estará formado por:

  • Frauta: Patricia González Moreira (Quinteto In Vento)
  • Clarinete: Efrén Ramos Morado
  • Saxofón: José García Rojo (Cuarteto Skirion)
  • Trompeta: José Luís Asorey Fernández (Banda Militar da Coruña)
  • Trompa: Juan Bautista Bernat Alcaide (Conservatorio Superior de Música de Castellón)
  • Trombón: David Manuel Rodríguez ( Orquestra Xoven de Extremadura)
  • Tuba-bombardino: Xosé Miguel Franqueiro (Hulencourt Soloist Chamber Orchestra)
  • Percusión: Eusebio López Egea (Unidade Musical do Tercio Norte)

Os horarios previstos son de 9:30 a 14:15 para clases individuais e de 16:00 a 18:00 para ensaios de conxuntos e da banda do curso.

O prezo do curso é:

  • Alumnos activos da Escola, Banda ou Conservatorio das Pontes: 50 €
  • Alumnos activos doutros centros: 80 €
  • Alumnos ointes: 20 €

Tamén están previstos dous concertos a cargo de Quinteto In Vento o luns 11 ás 19:00 h na Praza da Igrexa Parroquial Sta. María de As Pontes e o martes 12 ás 19:00 h. diante do Concello a cargo do Cuarteto Skirion.

Para información e consultas podes dirixirte aos teléfonos 696 264 627 / 606 956 658 / 626 707 626 ou en bandadaspontes@gmail.com

INSCRIPCION: Boletin_inscripcion_as_pontes_2016_editable_1__01

TRIPTICO CURSO: triptico_as_pontes_2016