Actividades de formación en lingua inglesa en Galicia

Actividades de formación en lingua inglesa en Galicia

Martes, 29 Marzo 2016 06:03
inglesA Consellería de Educación convoca axudas para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sustentados con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2016.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2016.

Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2014/15.
c) Ter acadado no curso 2014/15  na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de ESO e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de ESO e de bacharelato.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es/ co procedemento ED504B
O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 28 de abril de 2016.
Máis información no DOG do 28 de marzo de 2016 en www.edu.xunta.es/axudasle