Acoso escolar

O acoso escolar é un problema que afecta a toda a comunidade educativa e por eso,  O Concello de As Pontes está a organizar duas charlas dirixidas a profesores e as familias. A charla adicada ao profesorado tivo lugar onte. Octavio Susacasa, educador social de ASEDUC e Fernando Villar e J. Antonio Franco  do Plan director da Garda Civil achegaron aos docentes ferramentas para a abordaxe deste problema que nos implica a todos: alumnado, familias e profesores.


O vindeiro día 30 as 19 horas no Auditorio da Casa Dopeso terá lugar a charla destinada as familias onde se tratará de achegar aos pais e nais información sinxela para a abordaxe deste problema así como estratexias de prevención no ambito famiiar. Estades todos convidados a participar e facer as vosas aportacións.