Acceso á Universidade maiores de 25 e 45 anos (2016)

Resultado de imagem para acceso a universidade
Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) convoca probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos e  probas de acceso para maiores de 45 anos.
Calendario de inscripción: Do 18 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2016.

Proba maiores de 25 anos:
Persoas que cumpran ou cumpriran os 25 anos de idade ano natural no que se celebre a proba, que non posúan ningunha titulación académica (Bacharelato ou equivalente, Técnico Superior de Formación Profesional, etc.) e que non estean nalgunha das seguintes situacións:
  • Ter superada a PAU tendo superado o Bachallerato ou o COU
  • Estar en posesión dun título universitario de carácter oficial.
  • Ter superado o COU con anterioridade ao curso 74/75.
  • Ter superado o curso Preuniversitario e as Probas de Madurez.
  • Estar en posesión de título de bacharelato conforme a plans de estudo anteriores a 1953.
  • Ter superado calquera outros estudos que, por homologación ou equivalencia, outorguen acceso á Universidade (militares, eclesiásticos, etc.).
Requisitos proba maiores 45 anos:
Persoas maiores de 45 anos de idade que non posúan ningunha titulación académica que as habilite para accederen á universidade por outras vías.
Enlaces para acceder a toda a información na web da CIUG: