Aborto e menores

Os dereitos reproductivos son dereitos humanos. Dereitos que lle competen tanto ao hombre como á muller. Estos incluen o dereito a unha educación sexual axeitada, recibir métodos anticonceptivos adecuados, profilácticos e a facerse probas de enfermidades de transmisión sexual. Incluen o dereito a ter un parto seguro, esto é un parto natural e humanizado. Ademáis incluen o  dereito a terminar un embarazo de forma segura.

ai

Esixir que as mulleres xoves e as mulleres con discapacidade conten con permisos para acceder ao aborto pode poner en risco a vida das mulleres. O Grupo Parlamentario Popular presentou unha Proposición de Lei para esixir o consentimiento parental para as xoves de entre 16 e 18 anos e mulleres con discapacidade que desexen acceder a un aborto legal e seguro xustificando esta medida na protección destos dous grupos de mulleres. A proposición foi aprobada polo grupo parlamentario en solitario.

Esixir este consentimento, implicaría moi probablemente, un aumento do número de adolescentes  que recurren a procedimentos perigosos, inseguros, clandestinos e ilegais, poñendo en risco a saúde, benestar, e ata a súa vida.A maioría de idade sanitaria en España é de 16 anos. A partires de esa  idade , podes decidir sobre unha operación a vida o morte. Nembargantes, si se aproba a reforma, as adolescentes non poderán acceder por si mesmas a un aborto legal e seguro. Esta diferenza, que non está baseada en criterios médicos, constitue un elemento de discriminación, con posibles consecuencias para a saude.