Aberto o prazo de matrícula para as probas de acceso de 1º de grao profesional no Conservatorio.

conser

Dende o día 3 ata o día 12 de xuño está aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ás diferentes especialidades do Conservatorio Profesional de Música das Pontes.

As matrículas pódense presentar de xeito presencial no rexistro do Concello ou de forma telemática na sede electrónica (na seguinte ligazón tedes as instrucións para a presentación telemática INSTRUCIÓNS MATRÍCULA PROBAS ).

Para presentar a solicitude no rexistro do Concello e preciso solicitar cita previa nos seguintes teléfonos: 667129380 ou 667129389.

O importe da taxa, que debe ser aboado previamente é de 100€ ou de 50€ no caso de familia numerosa.

Este ano as probas se realizarán de xeito telemático, para consultar como vai ser o proceso podes consultar esta ligazón.