Aberto o prazo das axudas para material escolar do concello

Aberto o prazo das axudas para material escolar

O departamento municipal de Benestar Social abría hoxe mesmo o prazo para a solicitude de axudas dirixidas a afrontar os gastos orixinados pola compra de libros ou material escolar dirixido aos alumnos e alumnas que realicen a matrícula neste mes de setembro nas modalidades de Bacharelato e Ciclos Formativos.

Ata o venres desta semana será posible presentar a documentación pertinente para beneficiarse dunhas axudas de 140 euros por solicitante, sempre e cando se cumpran os requisitos recollidos nas bases desta convocatoria.

Beneficiarios/as

Poderanse beneficiar destas axudas o pai /nai, ou titor legal do alumnado empadroado no termo municipal de As Pontes que vaian cursar Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior.

Os ingresos da unidade familiar non deberán superar os 19.500€. É necesario tamén presentar a solicitude de reserva para continuar no centro escolar ou solicitude de admisión para un posto escolar nun centro sostido con fondos públicos.

Terase en conta a situación familiar, previo informe dos Servizos Sociais do Concello, no caso de producirse algunha variación económica, social ou familiar durante o ano en curso e, será necesario estar ao día nas obrigas tributarias correspondentes.

Documentación

Xunto co impreso oficial que se facilitará no Departamento de Servizos Sociais do Concello, na oficina do Rexistro do Concello ou na páxina web, tense que entregar tamén fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar, certificación de convivencia do padrón municipal; certificado de solicitude de praza ou fotocopia da matrícula do centro no que o alumnado realice os seus estudos; e fotocopia da declaración da renda de 2015, aínda que no caso de non estar obrigado pola Axencia Tributaria a presentala, deberá achegar unha declaración xurada na que conste esta circunstancia.

Para estes casos os ingresos anuais xustificaranse cunha fotocopia do certificado da pensión actualizada, certificado do INEM, no caso de percibir prestación ou subsidio de desemprego; e certificado de estar o corrente coa Seguridade Social, Axencia Tributaria e Concello de As Pontes.

As solicitudes poderán presentarse ata este mesmo venres, 15 de setembro, no rexistro do Concello en horario de mañá, ou mediante a sede electrónica do Concello.