A viaxe de Unai

 

­

Proxección do documental ‘El viaje de Unai´, o 18 de outubro ás 20.00h no Auditorio – Cine AloviEntrada libre.

A viaxe de Unai é un documental basado na viaxe que Andoni Canela, fotógrafo profesional, emprendeu con toda a súa familia (seus fillos Unai e Amaia, e a súa compañeira Meritxell), e que o levou a vivir durante 15 meses nos sete continentes do planeta, co obxectivo de fotografar a sete animais salvaxes, en perigo de extinción.
O documental conta a historia da viaxe baixo o punto de vista de Unai de 9 anos, asombrado ante a natureza e a fauna salvaxe coa que conviviu, xunto a súa familia, durante máis dun ano arredor do mundo. Andoni Canela involucrou ao seu fillo na observación fotográfica da natureza e a fauna e a prender dela o que supuxo un proceso de aprendizaxe e conexión coa natureza.
Lobos, elefantes, pumas, bisontes, pingüinos, cálaos e cocodrilos son os protagonistas desta viaxe por todo os continentes.

  • Apto para todos os públicos
  • Ano: 2016- Duración: 70 min.
  • Director: Andoni Canela
  • Guión: Julio Mazarico, Meritxell Margarit, Unai Canela
  • Música: Albert Guinovart- Fotografía: Andoni Canela-
  • Reparto: Documentary, Unai Canela, Andoni Canela, Meritxell Margarit, Amaia Canela